As persoas admitidas na 2ª edición do Curso de aplicador/a manipulador/a de Fitosanitarios (Nivel básico) deben pasar do 5 ao 9 de febreiro de 2018, pola administración do Centro Municipal Pablo Picasso do Concello de Culleredo para realizar a tramitación das taxas.
Tasas:
- O prezo por actividade de carácter xeral será de 8 euros.
- Bonificacións: serán beneficiarias de bonificación, cunha taxa de 6 euros, as persoas empadroadas nas seguintes situacións, e que esteán en condicións de xustificalo documentalmente:
- ?Persoas desempregadas inscritas como demandante de emprego no SEPE.
- Persoas con certificado de grao de discapacidade igual ou superior a un 33%.
- Persoas con certificado de grao de discapacidade igual ou superior a un 33%.
- Persoas que sexan maiores de 18 anos e estean en posesión do carné xove.
- Persoas maiores de 65 anos.
- Familias con carné de familia numerosa.
Datas previstas de realización do 2º curso:
- Sábados 17 e 24 de marzo de 2018 en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
- Domingos 18 e 25 de marzo de 2018 en horario de 9:00 a 14:30 horas.
Lugar de impartición do 2º curso:
- Centro Municipal de Formación e Emprego " Pablo Picasso" do Concello de Culleredo. R/ Antonio Machado, s/n. O Burgo – Culleredo. Tfno.: 981664204.
- Realizarase unha xornada práctica na Rectoral de Celas.