O luns 12 de febreiro celebrarase o tradicional e multitudinario Entroido en Veiga no que haberá misa, disfraces, comida, animación, música e moitas ganas de pasalo ben.
A Romaría de San Blas comezará ás 13 horas pero antes, ás 12:30 horas, haberá misa. Non faltarán, como cada ano, as coplas satíricas do Testamento.
A xornada estará amenizada pola Orquestra Fania e polas comparsas. O tradicional Entroido de Veiga foi recuperado en 1984 por un grupo de veciños en colaboración co Concello de Culleredo. Desde entón vén celebrandose de forma ininterrompida.