O próximo 6 e 7 de marzo o Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria, organiza unha saída ao balneario das Augas Santas, en Pantón.
O prazo para anotarse remata o 19 de febreiro e os que desexen preinscribirse deberán facelo nos Servizos Sociais, a través do teléfono 699506414 ou das delegadas parroquiais.
Hai un mínimo de 20 prazas e un máximo de 48. O martes, día 20, haberá un sorteo público para designalas, se é necesario.
O prezo da viaxe e de 115 euros, sen descontos, e inclúe pensión completa, 2 sesións de spa e visitas ao Pazo de Tor, a unha bodega e a un obradoiro de olería.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER