Este sábado, 10 de febreiro, hai unha festa de #entroido en Orro.
A partir das seis da tarde, no Centro Cívico, os máis pequenos poderán participar no #concurso de disfraces, gozar dunha variada merenda e, sobre todo, pasalo moi ben.
Tamén haberá música para bailar ata que o corpo aguante.