O mes de marzo no Concello de Cullererdo estará adicado á muller en xeral e a Eugenia Osterberger en particular, con motivo do Día da Muller que se celebrará o 8 de marzo e que se declarou festivo local. Este ano as actividades xirarán en torno á música, seguindo a tradición dos últimos anos de establecer un fío condutor para todas as accións que se leven a cabo.
O acto central terá lugar o mércores 7 de marzo no Conservatorio Municipal de Música. Alí, a partir das 19.30 horas, tras unha presentación inicial se desenvolverá o espectáculo musical “Black. Voces de Muller”, a cargo de Iria Mejuto. Trátase dun percorrido polo papel da muller na música negra.
O xoves 1 de marzo, inaugurase no Conservatorio a partir das 18:30 horas o Mes da Muller e a Exposición sobre a compositora galega Eugenia Osterberger coa actuación de Susana de Lorenzo e Beatriz López-Suevos.
O 8 de marzo, a partir das 10 horas, o Campo Municipal do Burgo, disputarase un Torneo de futbol feminino entre o Olímpico de Rutis, o Sporting Burgo e o Portazgo SD. O sábado 10 haberá dous actos, a Festa da Muller Rural e a Cea das asociacións de mulleres e o mércores 14 realizarase a tertulia 'As mulleres na música' no Conservatorio.
Por último, o xoves 22, proxectarase no Centro Amparo Prego Ruibal de Celas, ás 19 horas, o documental 'A palabra xusta', sobre a pedagoga Antía Cal.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER