A praza da igrexa de Vilaboa é unha das máis frecuentadas polos veciños. Conta na actualidade cun parque infantil con columpios, balancíns e tobogán, pero o Concello de Culleredo quere dar un paso máis e dotar á praza dun espazo infantil con moitas máis posibilidades para os pequenos da zona.
O goberno local xa traballa no deseño do novo parque. A previsión é que polo menos duplique ou triplique a superficie do actual para dar cabida a multixogos temáticos, con diversidade de propostas que atraian aos nenos de Vilaboa.
Terá variedade de xogos como grandes estruturas temáticas, labirintos ou redes, pensadas para diferentes tramos de idade. Haberá tamén novos columpios, tobogáns ou muelles.
Situarase na parte inferior da praza, que se dedicará integramente a este parque multijuegos. Complementarase con zona verde e mobiliario urbano para o descanso das familias.
Esta primeira fase a actuación abordará a ampliación do espazo e instalación dos multixogos. O Concello reservará unha segunda fase para cubrir o parque, seguindo os bos resultados que está a cultivar o seu plan pioneiro. As cubertas dos parques permiten ampliar o seu tempo de uso ao dar acubillo aínda cando chove.