Culleredo proxecta a modernización das pistas deportivas do paseo marítimo

Entre os distintos espazos de lecer que alberga o paseo marítimo entre Fonteculler e O Burgo atópanse dúas pistas deportivas, que reúnen cada día a moitos veciños, especialmente nenos. O  Concello de Culleredo prepara un proxecto para modernizar as instalacións, incrementando a súa funcionalidade e as súas prestacións.
 
As pistas sitúanse na zona da Cros, de carácter eminentemente residencial. O seu uso elevado, para a práctica de fútbol sala, baloncesto, balonmán ou simplemente para que xoguen os nenos, demanda un mantemento continuado. Baixo este prisma, o Concello dotará aos espazos dun novo firme, pensado especificamente para a práctica deportiva.
 
É un sistema de revestimento deportivo sobre soportes de formigón, especialmente deseñado para o deporte a nivel amateur de alta calidade. É un método continuo, fácil de reparar e manter, cunha textura microrrugosa impermeable idónea para o xogo.
 
A marcaxe das liñas deportivas levase a cabo cunha pintura acrílica mate. As pistas poderán albergar dúas canchas de baloncesto e unha de fútbol sala e balonmán. Tamén se revisarán os elementos de material deportivo e os peches das instalacións.
 
Ademais das prestacións, as pistas cambiarán completamente de imaxe. A idea do goberno local é que todas as instalacións desta clase teñan unha estética unificada. Así, o firme será azul, terán marcado o escudo do Concello, e cartel identificativo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina