Xa se publicou o programa de actividades infantís de abril, o mes do libro, para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).
Todas as semanas deste mes os nenos e nenas do Concello de Culleredo disporán dunha ou varias propostas de ocio:
- 2 de abril (O Burgo): contacontos + obradoiro 'O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa'
- 6 de abril (O Burgo): contacontos coa Dragona Ramona 'O que escoitou a xoaniña'.
- 13 de abril (O Burgo): contos en inglés 'It's mine'.
- 19 de abril (O Burgo): obradoiro de cociña.
- 20 de abril (O Burgo): obradoiro de contos 'Quérote (case sempre)'.
- 23 de abril (O Burgo): obradoiro co mago Alber.
- 25 de abril (O Burgo): contacontos de Carballo con botas 'Unha árbore ven a vernos'.
- 26 de abril (Vilaboa): contacontos de bebés con Charo Pita 'Dondorindongo e a Dondorindonga'.
- 27 de abril (Vilaboa): contacontos coa Dragona Ramona 'O que escoitou a xoaniña'.
Todas estas actividades levaranse a cabo polas tardes ás 18:30 horas agás o contacontos para bebés que é ás 17 horas e o obradoiro de cociña que se levará a cabo en dous turnos, ás 17 e ás 19 horas.