Culleredo informa sobre o novo bono social eléctrico

O Concello de Culleredo e a Fundación “Gas natural Fenosa”, impartirán o luns 9 de abril 3 talleres informativos dirixidos a toda a cidadanía. Os talleres teñen como obxectivos os de aprender a ler e optimizar a factura de luz e gas natural, establecer hábitos de consumo eficientes, e coñecer as axudas que hai a disposición dos/as veciños/as.
 
Esta actividade enmárcase dentro dos obxectivos de apoio ás familias do departamento municipal de servizos sociais e do proxecto de “Acciónsocial - Escuela de energía” da Fundación, e será impartida por especialistas na materia.
 
Ademais dun primeiro obradoiro dirixido ao persoal técnico municipal, desenvolveranse dous mais, un na zona rural que terá lugar no  Centro Social Municipal Amparo Prego Ruibal de Celas, en horario de 16:00 A 17:30 h, e outro na zona urbana, de 18:00h a 19:30h no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).
 
Nos talleres, as persoas asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre as súas facturas, por elo recoméndase que traian a súa factura de luz ou gas.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina