Leo Bassi en Culleredo

Leo Bassi chega ao Concello de Culleredo co seu espectáculo 'El último bufón'. A actuación terá lugar o venres 20 de abril a partir das 20:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
 
O cómico de orixe italiana repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral. A través dun descubrimento realizado pola irmá de Leo, Joanna, no arquivo da Fundación Lumière en Lyon, Francia. En maio de 1896, os Irmáns Lumière filmaran ao seu bisavó Giuseppe e ao seu tío Giorgio cando ambos traballaban no Circo Rancy da mesma cidade de Lyon. Son gravacións moi valiosas, probablemente as primeiras imaxes en movemento de pallasos da historia, que nos remontan a tempo a unha era na que Europa aínda tiña toda a súa inocencia e o desexo de vivir.
 
A partir destas películas, Bassi pon en escena un espectáculo intenso pero ao mesmo tempo divertido no que analiza o "paraíso perdido" do mundo dos bufóns, cunha comicidade diferente do humor irónico e cínico dos cómicos de hoxe en día. Leo Bassi descende dunha antiga liñaxe de comediantes excéntricos e de pallasos circenses vindos de Italia, Francia, Inglaterra, Austria e Polonia. Durante 170 anos, a familia actuou ininterrompidamente. Dela herdou non só sorprendentes habilidades, senón tamén este espírito libertario, irreverente e cosmopolita, esencia do circo do século XIX.
 
A entrada é gratuíta e os pases poderán recollerse no propio edificio desde as 19:30 horas. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina