Culleredo modifica un tramo da avenida de Vilaboa para incrementar a seguridade viaria e o aparcadoiro

Unha pequena reorganización nun tramo da antiga Nacional 550 en Vilaboa permite o incremento da seguridade viaria e das prazas de aparcadoiro. O Concello de Culleredo segue espremendo as posibilidades de mellora da avenida desde que asumiu o seu mantemento.
 
Nesta ocasión, a actuación consiste na modificación de 70 centímetros do eixo da vía entre as rúas O Souto e O Rueiro. Isto permite, mantendo o mesmo ancho dos carrís de circulación, gañar unha ducia de prazas de estacionamento en liña, na marxe dereita en dirección cara a Alvedro.
 
A nivel de seguridade viaria, o Concello xera un novo paso para peóns. A sinalización horizontal xa foi pintada e os sinais verticais están preparados para a súa colocación inminente.
 
Esta intervención foi proxectada na reunión mantida entre o alcalde, José Ramón Rioboo, a Policía Local de Culleredo e técnicos de obras, que analizaron as opcións de mellora das condicións da estrada tras a súa entrega ao Concello.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina