O sábado 12 de maio hai programada unha excursión a Agolada (Pontevedra), pertencente ao programa Clube +65 de Dinamización Comunitaria.
Ademais de coñecer esta vila histórica os participantes visitarán o Pazo de Liñares, en Lalín.
O prazo para anotarse remata o 4 de maio para as persoas empadoradas en Culleredo e comezará a partir do día 7 do mesmo mes para os que non o estén se aínda quedan prazas vacantes.