O vindeiro 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se adica a María Victoria Moreno, e o Concello de Culleredo programou unha serie de actividades para conmemorar este día, destacando a tradicional Feira de Artesanía do municipio.
De 12 a 20 horas, na Praza Europa do Burgo, instalaranse preto de 50 postos de artesáns de diferentes oficios; de 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas haberá obradoiros dirixidos aos máis pequenos e animación infantil; ademais de actuacións como as dos grupos folclóricos Catalmibre e Ancoradoira (12:30 horas) ou a do Mago Dani García 'Código' (19 horas).
Bótalle unha ollada ao díptico nos documentos adxuntos.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
letras_galegas_diptico.pdf | 2.32 MB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER