O Concello de Culleredo celebra este domingo 10 de xuño, a VII Carreira pola Ría do Burgo no paseo marítimo do Burgo. Congregará a 650 corredores de distintas categorías.
A categoría absoluta, de 10 qm. de duración, comezará ás 11.00 horas na contorna das pistas deportivas. Ás 12.30 horas chegará a quenda de cadetes, infantís e xuvenís. Ás 12.50 comezará a modalidade para benxamíns e alevíns, ás 13.00 para prebenxamíns e ás 13.10 para os denominados pequerrechos.
No tempo que transcorra a carreira, de 9 a 14 horas, prohibirase o paso polo carril bici. Os accesos estarán debidamente sinalizado se o Concello dispuxo un operativo especial de seguridade.
A proba, organizada polo Concello de Culleredo, está incluída no circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo. A medición de tempos levarase a cabo mediante chips nos dorsais que se poderán recoller previamente. Haberá avituallamientos ao final e en metade da carreira.