O Concello de Culleredo organiza, do 8 ao 10 de xuño, un curso monográfico de iniciación ao surf dirixido a persoas con idades comprendidades entre os 18 e os 35 anos e especialmente a monitores, directores de tempo libre, estudantes de INEF, TAFAD, TASOC, educación social ou maxisterio.
Esta actividade levarase a cabo na praia de Bastiagueiro e hai 10 prazas dispoñibles, que se asignarán por orde de inscrición e terán preferencia os empadroados en Culleredo. É totalmente gratuíta e para anotarse hai que enviar un correo electrónico a cipax@culleredo.es ou chamar aos números de teléfono 981664204 - 620008450.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER