V Encontro de Clásicos e Deportivos - I Memorial Luis Varela Serantes

Tras seis anos de ausencia, este fin de semana regresa a Culleredo o Encontro de Clásicos e Deportivos. O evento, organizado polo Concello de Culleredo e o Club Automóbil Culleredo, alcanza este ano a súa quinta edición e será tamén un  memorial a Luis Varela Serantes, ex presidente do club, falecido en novembro de 2017.
 
Máis de 100 automóbiles, de diferentes épocas e estilos, daranse cita na contorna do Paseo Marítimo do Burgo desde mañá, sábado 9 de xuño, ás 9 horas, ata o domingo 10 de xuño ás 19 horas. Os asistentes poderán contemplar gratuitamente, tanto de maneira estática como en movemento, vehículos de diferentes asociacións automobilísticas de Galicia e tamén acudirá unha mostra do Museo de Automoción e Historia da Coruña a través da Fundación Jorge Jove.
 
Mañá sábado, ás 12 horas, terá lugar a inauguración oficial por parte das autoridades e ás 19:30 horas será a homenaxe a Luís Varela Serantes. Os vehículos dividiranse en grupos para realizar diferentes exhibicións ao longo de todo o fin de semana, saíndo a pista en horario de 12:30 a 14 horas e de 17 a 19 horas, ou percorrendo o municipio e subindo ao Monte  Xalo.
 
Nesta edición levarase a cabo un concurso fotográfico que virará ao redor dos coches participantes e á súa contorna, haberá postos de compra-venda, exposicións, unha demostración de limpeza de vehículos, participación de relevantes pilotos nacionais e proxectaranse películas relacionadas co mundo do automóbil.
 
Está confirmada a participación do Museo de Automoción e Historia da Coruña / Fundación Jorge Jove, Coruña Veteran Car, Automóvil Club de Galicia, Escudería Centollo, Grupo Superdeportivos 'Germán', Automóvil Club de Culleredo e Fiateira Motor.
 
Adxuntamos o programa. 
Vista previaAdxuntoTamaño
programa_v_encontro_clasicos.pdf179 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina