O Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria dirixido a maiores de 65 anos, programou unha viaxe a Cedeira e Ortigueira para o 30 de xuño.
A expedición partirá ás 8:30 horas da mañá desde Castelo e Boedo. Na ruta programada, ademais das vilas de Cedeira e Ortigueira, os participantes na saída coñecerán San Andrés de Teixido ou o Museo Mares.
Os interesados teñen ata o 21 de xuño para anotarse e poden formalizar a súa preinscrición nos Centros municipais dos servizos sociais do Burgo e Vilaboa, ou a través das delegadas e delegados parroquiais do Club +65. Tamén no teléfono 699 506 414 (de 9 a 14 horas).
O prezo do xantar e das visitas é de 15 euros e o do transporte é de 13 euros. Ademais, existen unha serie de bonificacións para aqueles que sexan Soci@s do Club +65, que pertenzan ao Voluntariado Culleredo, persoas con discapacidade, con tarxeta de desemprego ou familias numerosas.