Culleredo acolle a primeira carreira nocturna solidaria organizada polo Colexio de Farmacéuticos da Coruña

O Paseo Marítimo do Burgo, no  Concello de Culleredo, acollerá a ‘I Carreira Nocturna  COFC’ organizada polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña para o sábado, 7 de xullo, ás 22:30 horas. 
 
A proba, que conta cun percorrido de 5 quilómetros, persegue o obxectivo de concienciar á cidadanía sobre os perigos da sobreexposición solar no verán e as súas consecuencias baixo o lema ‘Hai marcas que é mellor non conseguir facendo deporte’.
 
A inscrición pódese realizar na web  nocturnacofc.galitiming.com e a recadación da carreira irá parar integramente a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina