Desde o venres, 6 de xullo, ata o martes, 10 de xullo, celebraranse as festas de Vilaboa. O Concello de Culleredo preparou un dispositivo especial de seguridade formado pola Policía Local, Guardia Civil e Protección Civil.
Será un plan de seguridade coordinado, centrado na atención ao cidadán e na regulación do tráfico:
- Reforzaranse todos os días as quendas dos axentes da Policía Local en horario nocturno, cando se concentra un maior número de asistentes ás festas.
- Durante as noites permanecerá cortada a rúa A Senra. Será desviado o tráfico pola rúa Gómez Pérez dás Mariñas, desde onde se derivará polos Álamos. E tamén se pechará á circulación a avenida de Cordeda, entre a N-550 e Industrias Camaño.
- O luns 9 e o martes 10 cortaranse desde as 22.30 horas as rúas Roi Xordo e Breogán. E mesmo Alejandro Pérez Lugín, en función da evolución da festa.
- Prohibirase o estacionamento na zona da festa e amplíase o espazo peonil con valos que xa están colocadas.
- Para lograr un paso seguro entre a praza da Igrexa e a zona das atraccións, efectivos de seguridade estarán permanentemente regulando o paso de peóns da avenida.
- O Concello establecerá dúas zonas para o estacionamento de persoas con mobilidade reducida: na Nacional 550, enfronte da praza da Igrexa, e na Senra. Na avenida de Vilaboa haberá tamén un espazo reservado para taxis e autobuses.
- Recoméndase a asistencia en transporte público para evitar problemas de tráfico.
- Estableceranse controis constantes por parte do operativo de seguridade na entrada e saída da zona da festa.