O comercio de Culleredo celebra o venres a súa Noite Branca con descontos e multitude de actividades

Culleredo celebra este venres, 13 de xullo, a súa Noite Branca, iniciativa do Concello de Culleredo e da Asociación de Comerciantes de Culleredo para incentivar a chegada de clientes ao comercio local. Un amplo programa de actividades e animación dinamizará as compras nos negocios, que ofrecerán os seus descontos ao público.
 
A Noite Branca desenvolverase no centro urbano do Burgo. Participarán máis de 50 negocios na contorna da praza de Europa, rúa Sanjurjo de Carricarte, rúa Hersa, avenida de Acea de Ama e avenida de Galicia, que abrirán as súas portas no horario especial pola noite.
 
Trátase da cifra máis elevada das últimas edicións da Noite Branca. “Temos un comercio variado e de calidade e queremos poñer o noso gran de area para promocionalo”, sinala o alcalde, José Ramón Rioboo.
 
O programa de animación do Concello comezará xa desde as 17.00 horas na praza de Europa, con iniciativas especialmente pensadas para os nenos. Ata as 19.00 horas funcionarán os inchables, haberá música ambiente e un taller de pompas. A esa hora terá lugar un espectáculo de burbullas xigantes. E ás 20.00 horas concluirán as actividades infantís na praza de Europa cunha festa da escuma.
 
A partir das 20.30 horas a actividade focalizarase nas rúas peonís Hersa e Sanjurjo de Carricarte. E o inicio traerá xa consigo a “ happy hour” ata as 21.30 horas, unha primeira hora da Noite  Branca onde haberá rebaixas especiais e sorpresas nos comercios. E nos locais de hostalería adheridos á iniciativa poderase degustar unha tapa especial.
 
A programación será variada. Desde as 20.30 horas comezarán os “escaparates máxicos” nos comercios, con números personalizados en cada un deles ata as 23.30 horas. Tamén haberá música ambiente e postos de flocos de millo de millo gratuítos para as persoas que compren na zona comercial ou acudan a un establecemento de hostalería, que recibirán vale para obtelas. Ás 21.00 horas terá lugar unha flashmob na rúa.
 
Ás 22.00 horas comezarán os espectáculos máis visuais. Actuará a LED Orquestra, grupo que unirá a  musicalidad con instrumentos luminosos. E terá lugar o White Hypnosis, número cun boomerang de luz branca feito con LED.
 
O alcalde de Culleredo anima aos veciños do municipio e comarca a acudir a Culleredo para descubrir o “traballo dedicado” dos comercios e negocios de hostalería. Ademais, coas múltiples actividades poderán gozar dunha noite ideal en familia.
 
Consulta o programa nos documentos adxuntos.
Vista previaAdxuntoTamaño
programa_noite_branca.pdf69.27 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina