Durante o mes de agosto o Concello de Culleredo organizará os obradoiros de arte 'Verán creativo' para nenos, que estarán impartidos pola artista Luisa Valdés.
A actividade esta dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos e está diseñada en dúas quendas: do 20 ao 24 de agosto no Centro Cívico Fonteculler e do 27 a 31 do mesmo mes no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Levarase a cabo de 10:30 a 12:30 horas e cada día os máis pequenos poderán coñecer a vida e obra dun artista: Abraham Lacalle, Yoyoi Kusama, Juan Usle, Granell e Maruja Mallo. Ademais, realizarán as súas propias obras, cheas de 'color, emoción e arte'.
Hai un total de 20 prazas e o prazo de matrícula vai do 23 de xullo ao 3 de agosto. Terán preferencia os empadroados en Culleredo. Adxúntase o tríptico para a inscrición.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
taller_luisa_valdes_triptico.pdf | 110.75 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER