A situación é a seguinte. O Concello de Culleredo conta máis de 7,3 millóns de euros de remanente de tesourería, froito dun traballo progresivo de aforro e contención do gasto. É a mellor situación económica da historia recente do municipio.
Con esta boa saúde nas arcas municipais, o primeiro edil ten previsto dar resposta a moitas das peticións de obras trasladadas polos veciños. Por iso pretendía levar a este pleno do mes de xullo unha proposta de modificación orzamentaria para dedicar 1,27 millóns de euros a un plan de investimentos no que se incluían principalmente actuacións de mellora da rede viaria.
Destacaba por exemplo un proxecto moi esperado: a modernización de Fonte da Balsa, en Vilaboa. E o arranxo de camiños nas parroquias que se atopan nun estado nefasto. “Non nos resignaremos, queremos poder usar o diñeiro dos veciños en temas imprescindibles como estes”, avanza.
Con todo, a pesar da súa bonanza económica, os obstáculos da lexislación impiden polo de súpeto esta iniciativa. Intervención alerta de que a aprobación deste expediente supoñería incumprir o principio de estabilidade orzamentaria, cuxo obxectivo para 2018 está en cero para todos os concellos de España, con independencia do estado das súas contas. Así, o texto legal único para todas as corporacións local frea a intención do goberno local de Culleredo de aproveitar o superávit para esas actuacións tan esperadas.
Rioboo levará o asunto á nova ministra de Administracións Públicas como membro da FEMP e da executiva socialista. O Concello de Culleredo é compoñente da Comisión de Facenda da FEMP e tamén elevará alí a problemática, que generá ademais moita incerteza entre o persoal funcionario, con variadas interpretacións diferentes dun texto que debería ser claro.
Se os Concellos teñen estes obstáculos para poder empregar fondos do seu superávit, o mesmo ocorre para poder executar os fondos incluídos xa no orzamento municipal e sobre os que non hai dúbidas. A nova lei de contratación, que entrou en vigor o pasado marzo, supuxo unha paralización do funcionamento da administración polos múltiples trámites confusos que impuxo.
“A carga de traballo aumentou para os Concellos de forma superlativa”, advirte Rioboo. E con todo, o Estado segue sen autorizar o incremento de persoal administrativo que permita liquidar esta saturación administrativa.
Para o alcalde, a situación é “absolutamente insustentable” para garantir un funcionamento normal dos concellos e atender de forma diligente as peticións da cidadanía. É unha cuestión na que coinciden os alcaldes de todas as cores políticas “e que non podemos admitir que continúe”.
O primeiro edil está convencido de que se poden adoptar medidas “lóxicas e inmediatas” que favorezan o traballo normal da administración municipal. “En Culleredo fixemos os deberes, temos as contas saneadas e diñeiro para investir pero non nos deixan”, lamenta o rexedor, que alerta do prexudicado é o veciño. “O superávit non nos deixan e o orzamento é tan difícil de executar coa nova lei que nos imos a xuntar coa elaboración do novo. É indignante" conclúe
A situación é a seguinte. O Concello de Culleredo conta máis de 7,3 millóns de euros de remanente de tesourería, froito dun traballo progresivo de aforro e contención do gasto. É a mellor situación económica da historia recente do municipio.
Con esta boa saúde nas arcas municipais, o rexedor ten previsto dar resposta a moitas das peticións de obras trasladadas polos veciños. Por iso pretendía levar a este pleno do mes de xullo unha proposta de modificación orzamentaria para dedicar 1,27 millóns de euros a un plan de investimentos no que se incluían, principalmente, actuacións de mellora da rede viaria.
Destacaba, por exemplo, un proxecto moi esperado: a modernización de Fonte da Balsa, en Vilaboa. E o arranxo de camiños nas parroquias que se atopan nun estado nefasto. “Non nos resignaremos, queremos poder usar os cartos dos veciños en temas imprescindibles como estes”, avanza.
Con todo, a pesar da súa bonanza económica, os obstáculos da lexislación impiden polo momento esta iniciativa. Intervención alerta de que a aprobación deste expediente supoñería incumprir o principio de estabilidade orzamentaria, cuxo obxectivo para 2018 está en cero para todos os concellos de España, con independencia do estado das súas contas. Así, o texto legal único para todas as corporacións local frea a intención do goberno local de Culleredo de aproveitar o superávit para esas actuacións tan esperadas.
Rioboo levará o asunto á nova ministra de Administracións Públicas como membro da FEMP e da executiva socialista. O Concello de Culleredo é compoñente da Comisión de Facenda da FEMP e tamén elevará alí a problemática, que xerará ademais moita incerteza entre o persoal funcionario, con variadas interpretacións diferentes dun texto que debería ser claro.
Se os Concellos teñen estes obstáculos para poder empregar fondos do seu superávit, o mesmo ocorre para poder executar os fondos incluídos xa no orzamento municipal e sobre os que non hai dúbidas. A nova lei de contratación, que entrou en vigor o pasado marzo, supuxo unha paralización do funcionamento da administración polos múltiples trámites confusos que impuxo.
“A carga de traballo aumentou para os Concellos de forma superlativa”, advirte Rioboo. E con todo, o Estado segue sen autorizar o incremento de persoal administrativo que permita liquidar esta saturación administrativa.
Para o alcalde, a situación é “absolutamente insustentable” para garantir un funcionamento normal dos concellos e atender de forma dilixente as peticións da cidadanía.
O primeiro edil está convencido de que se poden adoptar medidas “lóxicas e inmediatas” que favorezan o traballo normal da administración municipal. “En Culleredo fixemos os deberes, temos as contas saneadas e cartos para investir, pero non nos deixan”, lamenta o rexedor, que alerta do prexudicado é o veciño. “O superávit non nos deixan e o orzamento é tan difícil de executar coa nova lei que nos imos a xuntar coa elaboración do novo. É indignante" conclúe.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER