O Concello de Culleredo xa conta cun cuartel da garda civil. O alcalde, Julio Sacristán, quixo destacar a importancia que ten para a veciñanza de Culleredo contar co seu propio corpo da garda civil, que neste momento dispón de vinte e un efectivos, aínda que o número medrará de forma progresiva ata chegar aos corenta e cinco membros.
O cuartel xa está en construción a carón da policía local e estará dispoñible nun prazo de tres meses. O feito de estar xuntas ambas as centrais non é casual xa que é importante a colaboración entre os dous corpos de seguridade. De feito, os policías xa comezaron a ensinarlle o municipio aos gardas para que se vaian familiarizando co seu novo lugar de traballo.
No día de onte o alcalde do municipio trasladouse, xunto co subdelegado do Goberno na Coruña, Jose Manuel Pose, ata as instalacións provisionais, onde deu a benvida aos integrantes do corpo, procedentes de varios lugares de España.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER