Culleredo ultima a contratación da cuberta do Parque das Brañas

O Concello de Culleredo converterá en parque cuberto o das Brañas. Situado na zona verde da rúa  Jorgue Guillén, configurarase como un espazo composto por dúas zonas de xogo. A construción da devandita cuberta responde as demandas dos usuarios do parque, xa que con este elemento podería facerse uso da zona de lecer durante a maior parte do ano.
 
Os parques infantliles sempre foron unha das prioridades do goberno local. Por tanto, este proxecto antóllase moi necesario para as familias do municipio cullerdense. Esta construción, con estrutura metálica e peche de policarbonato de cores, está pensada para integrarse plenamente na contorna natural da zona.
 
O Concello de Culleredo prevé que con esta obra, se produza un mellor acabado da zona de lecer das Brañas, aumentando así positivamente a estética do lugar. Á súa vez, e como insistimos previamente, o Concello quere garantir a posibilidade de que sexa utilizado a maior parte do ano.
 
O orzamento previsto para a execución desta obra, que se está licitando, é dun total de 93.201,47€. Está previsto que o prazo de execución da obra sexa de seis meses.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina