Sinatura do convenio da garda civil

A Consellería de Presidencia destinará 257.000 euros á reconstrución da casa cuartel da garda civil.

Asinaron o convenio onte no salón de plenos do Concello o conselleiro Jose Luis Méndez Romeu e o alcalde Julio Sacristán, quen o cualificou de "histórico" para o municipio de Culleredo.

Polo momento e ata que finalicen as obras utilizarán as dependencias de Protección Civil.

Segundo explicou Méndez Romeu, a construción do cuartel da garda civil en Culleredo ten dous obxectivos principias: dotar deste servizo aos 30.000 habitantes do municipio e que "a creación se poida facer nunha instalación axeitada, nunha área de seguridade e nunhas condicións realmente óptimas". O conselleiro e o alcalde lembraron as reducidas taxas de delincuencia rexistradas na comunidade e, non obstante, a necesidade de continuar traballando para que sigan baixando.

Os 257.000 euros que a Consellería de Presidencia destina para a casa cuartel entregaranse en pagamentos parciais por petición do Concello, ata un máximo do 80 % da mesma.

Para a realización dos pagamentos o Concello de Culleredo deberá xustificar que se realizaron as actuacións do obxecto do convenio e o seu pagamento.

A execución das obras corresponde ao Concello que asumirá a dirección da obra, a tramitación de permisos, licenzas e autorizacións administrativas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina