Con data 15 de xuño de 2018 publicouse no BOP anuncio da Dirección Xeral de Aviación Civil, polo que se somete a información pública o Informe de Sustentabilidade Ambiental, xunto coa proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de A Coruña.
Mediante escrito do Director Xeral de Aviación Civil de data 27/07/2018, comunicouse a este Concello o acordo de ampliación do prazo para presentar alegacións aos documentos citados ata o 18 de setembro de 2018.
Con data 17/09/2018 o Concello presenta ante a Dirección Xeral de Aviación Civil, documento de alegacións á proposta de revisión do citado Plan Director, fundadas en razóns técnicas e obxectivas, e que pode consultarse en documento adxunto a este anuncio.
Así mesmo, ponse a disposición de tod@s os cidadáns/ás, así como das distintas asociacións do municipio, modelos de adhesión ás alegacións do Concello de Culleredo á proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de A Coruña, para presentar ante a Dirección Xeral de Aviación Civil, no caso de resultar de interese.
Para calquera dúbida poden poñerse en contacto coa Alcaldía (Rúa do Concello nº 12, Tarrío- Culleredo, planta primeira. Teléfono 981.677733; email: alcaldia@culleredo.es)
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
anuncio.pdf | 7.06 KB | |
documento_alegaciones.pdf | 3.36 MB | |
escrito_adhesion_alegaciones_asociaciones.pdf | 7.39 KB | |
escrito_adhesion_alegaciones_vecinos.pdf | 7.15 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER