Protección Civil situarase na rúa Domingo Sierra.
Protección Civil de Culleredo situarase provisionalmente, ata que o cuartel da garda civil ocupe as súas novas dependencias, no local de propiedade municipal na rúa Domingo Sierra, nos baixos do edificio Mirador.
O alcalde, Julio Sacristán, tomou a decisión e anunciou que nesta semana se procederá ao traslado do mobiliario e enseres necesarios para o seu funcionamento.
O local ten unha superficie de 90 m2 aproximadamente e nel se prestarán os servizos de protección civil e funcionarán os reténs do persoal.
As dependencias están totalmente acondicionadas polo que non é necesaria a realización de ningunha obra.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER