O sábado 20 de outubro terá lugar, no Xardín Botánico do Paseo Marítimo da ría do Burgo, o II Memorial "Tino Poza" de artes plásticas. As inscricións poderán realizarse o mesmo día de 9:00 a 11:00 horas na Aula de Natureza "Juan Lembeye" do Xardín Botánico do Burgo.
Poderán participar todas as persoas que o desexen, con temática "O concello de Culleredo e o seu patrimonio natural e monumental".
As obras deberán ser pintadas en directo. Haberá premios para as categorías de adultos (18 anos en diante), xuvenil ( de 12 a 17 anos) e infantil (de 6 a 8 anos e de 9 a 11 anos). Podedes consultar as bases no arquivo adxunto desta nova.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
bases_memorial_tino_poza.pdf | 265.11 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER