A delegada provincial da Consellería de Traballo, María Debén, e o alcalde do Concello de Culleredo, Julio Sacristán de Diego, visitaron as obras de rehabilitación da reitoral de Celas de Peiro.
A casa reitoral de Celas ocupa un espazo de 4000 m2 nun enclave estratéxico para realizar rutas de sendarismo e etnográficas e onde se abrirán nun futuro ata tres casas rurais.
O conxunto consta de dous edificios, no inicio en estado case ruinoso, que están sendo remodelados respectando a súa estrutura orixinal. A pedra e a madeira son os materiais que predominan na rehabilitación do conxunto.
No edificio principal o Concello de Culleredo abrirá varias dependencias municipais, ademais dunha sala de conferencias e reunións e outra sala de exposicións na que se instalará un guieiro pola historia dos monumentos máis importantes que posúe a parroquia de Celas de Peiro.
O segundo dos edificios destinarase ao albergue municipal, que terá quince prazas de capacidade, a un centro de dinamización turística e a oficinas parroquiais.
O investimento das actuacións na reitoral ascende aos 1,4 millóns de euros.
Trinta e unha persoas desempregadas, todas elas alumnado da escola taller Pablo Picasso, son as encargadas de levar adiante as obras de rehabilitación que teñen previsto rematar o próximo mes de decembro.
A escola taller é un programa da área de Formación e Emprego no que a entidade promotora contrata ao alumnado e este recibe unha contraprestación económica polo seu traballo ao tempo que aprende un oficio (carpintaría, albanelaría, cantaría, xardinaría...).
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER