Os días 19 e 20 de febreiro realizarase unha viaxe ao Balneario Augas Santas de Pantón, na provincia de Lugo.
A preinscrición poderá realizarse no Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo, en Costa da Lonxa nº 7. O teléfono de contacto é o 699 506 414, e tamén a través dos delegados e delegadas parroquiais do Club +65.
Datos que se requiren: Nome e apelidos, parroquia e teléfono de contacto. A adxudicación de prazas e nº de asento realizaranse mediante sorteo público, o día 6 de febreiro ás 10:15 horas, na sala municipal de actividades Irmáns Brañas do Burgo.
Que inclúe esta viaxe? Dúas sesións de spá e visitas culturais ao Mosteiro San Pedro de Rocas e aos Balcóns de Madrid. O prezo é de 115 € por persoa en pensión completa. Lembrade que o prazo de inscrición pecha o 4 de febreiro!
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER