O Concello de Culleredo dá un paso máis en asumir infraestruturas por parte doutras administracións para adecuar o seu mantemento ás necesidades dos veciños dos seus entramados residenciais.
O pleno aprobou a proposta do goberno local de solicitar formalmente á Xunta o traspaso da AC-213, que atravesa O Burgo e Almeiras. Será a cuarta operación de similares características que leva a cabo o Concello. Xa recibiu a transferencia no seu día da Nacional 550 (avenida de Vilaboa), a AC-211 (estrada principal de Fonteculler e O Burgo) e a AC-215 (avenida Electo Carballo, na Corveira).
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, explicou que o obxectivo consiste en “agilizar las actuaciones en la vía y adecuarla a la realidad urbana que alberga”. A mellora da seguridade vial é unha das principais finalidades desta decisión, como apuntaba o primeiro edil. En Vilaboa, por exemplo, desde que o Concello asumiu a titularidade, executáronse bandas rugosas, ampliación de beirarrúas e pasos de peatóns elevados.
Outro dos grandes beneficios para os residentes pasará polo cambio na normativa das alineacións ca vía, máis restritiva na norma autonómica.
O acordo inclúe a transferencia da AC-213, así como o dominio público adxacente ao seu trazado. A Xunta recentemente executou a renovación do firme e beirarrúas como paso previo á súa entrega ao Concello.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER