O Concello de Culleredo e a Deputación Provincial da Coruña veñen de firmar dous convenios para propiciar importantes prestacións sociais aos veciños do municipio cullerdense. O alcalde, José Ramón Rioboo, deu conta dos textos no último pleno ordinario do pasado xoves, 31 de xaneiro.
O primeiro convenio permitirá un servizo destinado ás familias en situación de vulnerabilidade. Trátase de catro prazas no fogar infantil Emilio Romay, da Coruña, dependente da Deputación.
O obxectivo é ofrecer unha alternativa, durante o día, para a atención de menores de 0 a 12 anos de familias que acrediten a necesidade de conciliación. Por elo, será o departamento de Servizos Sociais de Culleredo o que, en base ao traballo e seguimento que realizan os usuarios, xestionen a concesión destas prazas.
O segundo convenio propicia o mantemento da vivenda tuteladam, un recurso municipal dirixido ás vítimas de violencia de xénero. O acordo supón a contribución da Deputación Provincial da Coruña no financiamento do mantemento da vivenda. Concretamente, a institución provincial aportará a contía de 33.111, 39 euros por anualidade en 2017 e 2018, o que suma un total de 66.222,78 euros.
Reservaranse tres prazas na vivenda para o programa provincial de apoio á acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero. A vivenda tutelada supón un recurso de gran valía para a transición entre os fogares de acollida e a normalización da situación persoal ou familiar das vítimas.
Os convenios foron suscritos polo alcalde e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER