Programación infantil de marzo no Concello de Culleredo

O Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e Villa Melania, en Vilaboa, acollerán a programación infantil de marzo do Concello de Culleredo.

Abrirá a programación o contacontos coa Dragona Ramona, o día 8 de marzo, co "Especial Día da Muller 8 de marzo", para nenos a partir de 3 anos. Será no Burgo, no Edificio de Servizos Múltiples.

Seguiralle, o día 13 de marzo, o "Cancioneiro multicultural", de 0 a 100 anos. Será en Villa Melania, en Vilaboa.

O día 15 de marzo, terá lugar o obradoiro de creacións de instrumentos musicais, para a que se poderá formalizar a inscrición a propia semana na biblioteca. Pensada de 7 a 12 anos. Será no Burgo, no Edificio de Servizos Múltiples.

O día 22 de marzo, terá lugar unha nova edición de contacontos coa Dragona Ramona, co "Especial Día da Muller 8 de marzo", para nenos a partir de 4 anos. Será en Villa Melania, en Vilaboa.

Pechará a programación os contacontos para bebés, o día 27 de marzo, para os que haberá que recoller invitación a partir das 16:30 horas na biblioteca. Actividade pensada para nenos de 0 a 3 anos, e que comezará ás 17:00 horas. Será no Burgo, no Edificio de Servizos Múltiples.

IMPORTANTE: Todas as actividades, agás a de peche de programación, darán comezo ás 18:30 horas. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina