O Plan Municipal de Formación Laboral 2019 do Concello de Culleredo está dirixido, preferentemetne, ás persoas en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas, realizarase un sorteo público.
Os lugares de presentación de solicitudes son: o Rexistro Municipal, o edificio de Servizos Múltiples (rúa Ramón Cabanillas, nº 14 no Burgo) e na Casa do Concello (rúa do Concello, nº12, Tarrío).
O prazo de solicitude é do 1 ao 5 de abril, de 9:00 a 14:00 horas.
A oferta de cursos é:
- Manipulación de cargas con carreta elevadora.
- Manipulador/a de alimentos.
- Coidados básicos de persoas maiores con discapacidade ou dependencia.
- Auxiliar de camareiro/a de restaurante e bar.
- Curso básico de carpintaría.
Toda a información no arquivo .pdf adxunto a esta nova.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
folleto_formacion_web.pdf | 4.47 MB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER