Os días 29, 30 e 31 de marzo, o Conservatorio Profesional de Música de Culleredo acolle o 'Galicia Graves 2019'. Está orientado para ser aproveitado por estudantes e profesionais de calqueira idade a nivel técnico.
Continuando coa mesma liña dos anos anteriores, o Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves volta a apostar por un profesorado de primeiro nivel internacional para poder ofrecer aos alumnos a máxima calidade en canto a clases individuais, grupais e concertos. Así, os alumnos terán un acercamento musical e humano cos máis destacados intérpretes da actualidade.
As clases desenvolveranse en dous grupos: alumnos de grao medio, superior e profesional, que recibirán un total de dúas clases individuais de 45 minutos de duración, clases maxistrais sobre diferentes aspectos do instrumento e seu repertorio e clase de ensemble. O segundo grupo, con alumnos de grao elemental, recibirá un total de dúas clases individuais de 30 minutos de duración, con clase de ensemble e unha clase maxistral onde se tratarán diferentes aspectos do contrabaixo.
O curso impartirase durante dous días consecutivos, o sábado 30 de marzo e o domingo 31 de marzo do mesmo mes. Na xornada do sábado, de 9:30 a 21:30 horas, e o domingo de 9:00 a 20:30 horas, cun concerto final de profesores e alumnos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER