O Concello de Culleredo convoca unha nova edición do seu programa Cullerchef, de cociña saudable, para o segundo trimestre deste ano 2019. A inscrición pode efectuarse desde hoxe 22 de abril ata cubrir prazas.
O programa está dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade. Haberá dúas quendas dun máximo de 12 participantes cada unha.
As clases serán no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.Serán todos os xoves desde o 2 de maio ata o 13 de xuño en horario de 17-00 a 18.30 horas, ou de 19.00 a 20.30.
O obxectivo da iniciativa consiste en ensinar aos pequenos técnicas de cociña e receitas saudables para facer na casa coa familia.
Para anotarse cómpre dirixirse a Servizos Múltiples no número 981665597. Terán prioridade os nenos e nenas que non acudiran anteriormente ao Cullerchef.