O Concello de Culleredo desenvolve o ciclo de emprego formativo para mozos, na liña dos que xa se fixeron, co obxectivo de formar e dar emprego ao sector de menor idade do municipio cullerdense.
A actividade, programada dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego, consta de dous partes: a formación troncal, baseada na procura de emprego, que é a que se está levando a cabo actualmente, e a formación específica: persoal de tenda e E-Commerce, que se impartirá a partir do 6 de xuño.
O ciclo está a impartirse no Centro Municipal Pablo Picaso, de Culleredo, no que se dan cita unha decena de mozas en procura de novas oportunidades.