O Concello de Culleredo completou a fase teórica do curso de formación de monitores de actividades de tempo libre. Participan un total de 15 mozos.
A formación permitirá facerse co título oficial, que habilita para o traballo neste ámbito. As sesións teóricas sumaron 200 horas. Agora terán que cursar 150 horas de prácticas.
O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, entregou aos participantes os seus diplomas no centro municipal Pablo Picasso. Felicitoulles polo seu entusiasmo e esforzo para completar as sesións e animoulles a aproveitar cada minuto das súas prácticas.