Verán Movidiño 2019

O Concello de Culleredo promove actividades saudables este verán, para todos os públicos, a través do programa 'Verán Movidiño', que se desenvolverá durante os meses de xullo, agosto e setembro. 

O acceso é libre para todas as idades, sen cuota de inscrición. Os luns terán lugar no centro social de Sueiro, de 19:30 a 20:30 horas. 

Os martes, de 20:00 a 21:00 horas no centro O Noso Lar de Tarrío.

Os mércores, as actividades se desenvolverán de 18:00 a 19:00 horas no parque de Vila Melania, de Vilaboa, e de 19:30 a 20:30 horas no parque da Torre de Celas. 

Os xoves, a praza das Brañas en Fonteculler acollerá as actividades saudables de 10:00 a 11:00 horas.

Os venres, de 10:00 a 11:00 horas, terá lugar o 'Verán Movidiño' no parque biosaudable do Paseo do Burgo.

Con esta actividade, que é de acceso libre, sen cota de inscrición e dirixida a todas as idades dado o seu carácter de captación e prevención, trátase de promover o exercicio físico tanto de xeito individual como en grupo, de cara a que a xente continúe durante o inverno procurando este tipo de práctica pola súa conta ou inscribíndose na oferta deportiva e de actividade física do concello ou doutras entidades do termo municipal.

Os obxectivos que se traballan durante as sesións van dirixidos a xerar patróns de movementos saudables, aplicándolos á vida diaria, poñer en práctica exercizos básicos que hai que ter en conta á hora de facer exercizo físico, como calentamento, estiramentos, relaxación, etc. así como coñecer distintas disciplinas ou como facer uso das aparataxes dos parques biosaudables, ou coñecer as posibilidades que a contorna nos ofrece para a práctica desta actividade, xa que se leva a cabo ao aire libre.

Todo isto se complementa coa importancia do grupo, a inclusión de persoas de diferentes idades e de persoas con diversidade funcional. Asemade, a diversión e o entretenimento saudable é outro aspecto a traballar polo que esta actividade realízase acompañada de música, dirixida por un monitor que se adapta as características de cada grupo motivando e facendo o máis atractiva posible a actividade aos participantes.

Sueiro, Tarrío, Celas, Fonteculler, O Burgo e Vilaboa, son os lugares onde se está a levar a cabo esta actividade que rematará a última semana de setembro,  na que terá lugar unha clase especial, con actividades, xogos, coreografía e merenda saudable, seguindo o espíritu de continuar co fomento de acadar hábitos de vida saudables que é un dos fins desta Concelllería para mellorar o benestar das veciñas e veciños.

Para máis información, todas as persoas que desexen anotarse, poderán chamar ao número de teléfono 981 654 570.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina