O campamento de verán de cociña saudable e habilidades domésticas 'Cullerchef' terá lugar do 19 ao 23 de agosto no Edificio de Servizos Múltiples, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Está dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos, e trátase dunha actividade completamente de balde. As inscricións poderán realizarse do 8 ao 16 de agosto. Poderá facerse en liña, co envío do formulario a completar na seguinte ligazón: (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfqa21LtS4mslplQIB9x4zWfMQZpp6gG2jvILfhixn7yVPozA/closedform) ou coa entrega do boletín de inscrición cuberto no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O Cullerchef amplíase este verán cun campamento no que as nenas e os nenos non só aprenderán a cociñar saborosos pratos saudables, senón que ademais participarán en todo o proceso de planificación da receita e sairán a comprar os produtos necesarios para a elaboración da mesma.
Reforzarán así as súas habilidades sociais e os coñecementos sobre nutrición, economía doméstica, aproveitamento, comercio de proximidade ou reciclaxe, entre outros, mentres gozan cociñando
Está limitado a 24 prazas e terán preferencia os/as empadroados/as en Culleredo.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
inscricion.pdf | 128.12 KB | |
folleto.pdf | 1.11 MB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER