Os espazos e aulas de Benestar do Concello de Culleredo para o exercicio 2019-2020 xa están aquí.
Estas son actividades que se desenvolverán ao longo de nove meses, desde outubro de 2019 ao verán de 2020, e procuran favorecer un estilo de vida saudable, independente, activo e igualitario no acceso ás novidades do séxulo XXI, para toda a cidadanía de Culleredo maior de 18 anos.
Ofértanse 420 prazas de actividade de carácter semanal, organizadas en 3 módulos temáticos de duración trimestral, e en 27 grupos espallados por todo o concello.
En cada módulo hai dous tipos de actividades: Os espazos e as aulas. Os primeiros, son actividades puntuais e abertas, a desenvolver entre o 1 de outubro de 2019 e o 25 de xuño de 2020. Son ciclos de charlas e obradoiros con frecuencia trimestral. As aulas, tamén a desenvolver entre o 1 de outubro de 2019 ao 25 de xuño de 2020, están suxeitas a prezo público. Para participar e gozar das mesmas, hai que preinscribirse, e logo de comprobar a admisión, hai que matricularse.
A preinscrición vai do luns 5 de agosto ao xoves 5 de setembro. Hai que recoller o impreso específico de preinscrición nos "Espazos e Aulas de Benestar 2019-2020" nos centros que se sinalan como puntos de información da convocatoria ou na web do Concello.
O xoves 12 de setembro publicarase a listaxe provisional de persoas preinscritas nos taboleiros dos centros nos que desenvolverán as actividades, e neste directorio web.
Toda a información nos adxuntos inscritos.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
benestar_2019-2020.pdf | 429.01 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER