O Grupo Naturgy vén de informar ao Concello de Culleredo dunha serie de cortes programados na subministración eléctrica de varios puntos do municipio, para os vindeiros días.
Segundo indica a compañía, a finalide consiste en efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica de cara a atender as necesidades das zonas.
Os puntos afectados son os seguintes.
O 2 de setembro, de 0.00 a 3.00 horas, en Vilaboa, nos números indicados no arquivo adxunto das rúas: avenida de Vilaboa, Fonte da Balsa, Luis Seoane, Pablo Iglesias, e Río Trabe.
O 2 de setembro, en horario de 3.00 a 7.00 horas da madrugada en Vilaboa, nos números indicados no arquivo adxunto das rúas Andrés Gaos, Rueiro, avenida de Vilaboa, Dereitos Humanos, Os Gaiteiros, Enrique Regueira Canducho, Pablo Iglesias, Pascual Viega, Pepe García "O Sacristán", praza Sagrada Familia, Reveriano Soutullo, Río da Cova, Voces Ceibes, Wenceslao Leopoldo Blanco Vila e Xoan Montes.
O 3 de setembro, de 0.00 a 3.00 horas, no Burgo, nos números indicados no arquivo adxunto das rúas Acea de Ama e Tierno Galván.
O 3 de setembro, de 3.00 a 7.00 horas, no Burgo, nos números indicados no arquivo adxunto das rúas Acea de Ama e Ramón Cabanillas.