O Olímpico de Rutis engrosou as súas vitrinas tras a disputa do Torneo de Fútbol Concello de Culleredo durante o pasado mes de agosto. O conxunto cullerdense fíxose coa vitoria no XXII Trofeo de Fútbol de Veteranos, tras derrotar por 2-0 ao Sporting Burgo na final, así como no XLII Trofeo de Fútbol Afeccionado, despois dun apretadísimo encontro fronte á UDJ Almeiras, con resultado final de 4-3.
Todas as finais disputáronse o sábado 31 de agosto, desde as 11:00 da mañá, na que os protagonistas foron os nenos do fútbol basee, e posteriormente veteranos e afeccionados. No VI Torneo de Fútbol Basee, o conxunto do Portazgo S.D. proclamouse campión tras vencer por un axustado 1-0 aos nenos do Olímpico de Rutis, impedindo así a tripla coroa destes.
Nesta edición, participaron os equipos do Portazgo S.D., Sporting Burgo, Olímpico de Rutis, UDJ Almeiras, Fontemaior, e AD Culleredo.
Parabenizar un ano máis a todos os xogadores, que disputaron con honra e deportividade todos e cada un dos encontros, así como a todas as persoas que fan posible que este torneo leve a cabo ano tras ano: Protección Civil, corpo técnico dos equipos, familias, colexiados e demais membros da organización.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER