O parque da Torre de Celas acollerá este sábado, 28 de setembro a IV edición da Foliada da Torre.
Trátase dun evento solidario que organización a Asociación O Cruceiro, coa colaboración do Concello de Culleredo. Nesta ocasión, o fin social será contribuír a que as familias en situación de escasos recursos conten con todo o material escolar que é necesario co inicio do curso.
Os asistentes poderán achegar material incluído na lista que distribúe a asociación ou tamén se pode axudar coa achega económica da cea. Todo o recadado será distribuído polo equipo de Servizos Sociais do Concello.
A Foliada comezará con actos a partir das 18.00 horas. A esa hora iniciaranse os xogos infantís. De noite terá lugar a cea solidaria, cunha achega de 5 euros. Poderase elixir entre fideuá ou porco asado.
Ás 22.00 horas comezarán as actuacións musicais. Os Carecos e Faíscas de Pontraga son as agrupacións que figuran no cartel.
A partir de aí terá lugar a foliada aberta a todo o que se anime.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER