Atópase finalizada a intervención en Culleredo, co fin de acometer un novo proxecto para a modernización da súa rede de iluminación pública, promovendo a eficiencia. Nesta ocasión tratouse da renovación da iluminación da urbanización Augas Mansas, na Zapateira.
A actuación consistiu no cambio dun total de 95 puntos de luz das diferentes rúas de Augas Mansas. Instaláronse luminarias tipo LED, retirando os antigos globos, que supoñían unha perda do fluxo cara arriba, fomentando a contaminación lumínica.
O sistema novo conta con protectores para evitar sobretensiones. Nos traballos incluíuse tamén a limpeza e pintado dos fustes onde se coloca a lámpada.
Os proxectos de renovación da iluminación pública sucederanse os próximos meses en Culleredo. O Concello xa ten aprobadas diversas actuacións. Nun proxecto conxunto abordarase a praza de Santa Gema, de Fonteculler, onde se renovarán 43 puntos de luz; na urbanización A Ría, tamén en Fonteculler, un total de 35; na rúa Ferrocarril do Burgo cambiaranse 22 puntos; e en Peiro de Arriba, en Celas, na praza, serán 10.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER