Albedros serán plantados na senda peonil e ciclista entre Alvedro e O Burgo en recordo ao patrimonio natural de Culleredo.
A idea desta actuación é crear unha senda peonil desde costa da Lonxa pola marxe dereita da Nacional 550 ata a rotonda de Alvedro, xunto ao outlet. E desde aquí continuará polo polígono como senda fluvial xunto ao río Valiñas ata unirse co río Mero, onde xa enlazará co paseo fluvial e a ría do Burgo.
Este itinerario completo terá unha lonxitude de 4,8 quilómetros. No seu maior parte, contará cunha anchura de 2 metros para peóns e de 2,50 metros para dobre circulación ciclista. Contará con sistemas de canalización de augas e medidas de protección e seguridade dos usuarios.
Pero a senda destacará ademais pola dotación arbórea coa que contará, incrementando notablemente a estética de todo a contorna. En homenaxe a esa historia e patrimonio natural, a senda albergará uns 150 exemplares de albedro. Tamén contará con mobiliario urbano.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER