A Biblioteca de Vilaboa, lista para albergar actividades

A Biblioteca de Vilaboa xa está lista para albergar as actividades municipais, tras o peche temporal do espazo de Servizos Múltiples, no Burgo.

Leste mesmo venres celebrarase no edificio de Vila  Melania o evento de “Lobo Bobo”, que conducirá a compañía Elefante Elegante a partir das 18:30 horas.

Tal que así, en outubro celebraranse contacontos, os clubs de lectura ou celebracións relacionadas co “Samaín”. O horario de apertura, para todas as persoas que desexen utilizar o espazo, é de luns a venres, de 11:00 a 14:00 pola mañá, e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.

Ao fío das obras na Biblioteca Municipal Miguel González Garcés, o  Concello está a realizar melloras para a creación dun espazo máis diáfano, con divisións en cristal que proporcionará unha maior entrada de luz. Haberá zonas para o estudo, a consulta e unha sala específica para lectura. A sala infantil manterase, para fomentar a lectura entre os máis pequenos, e preparada para os contacontos e talleres. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina