O vindeiro 1 de outubro quedará aberto o prazo para unha nova edición do obradoiro de cociña 'Cullerchef'

Mañá, día 1 de outubro, abrirá o prazo de inscrición para o taller de cociña saudable ‘ Cullerchef’, que está destinado a nenas e nenos entre 7 e 12 anos. Comezará ás 9:00 horas, e finalizará o día 4 do mesmo mes tamén ás 9:00 horas.

Para esta edición ofértanse o dobre de prazas que o ano pasado, coa intención de cubrir a ampla demanda que teñen estes  obradoiros. A principal novidade é que nesta edición haberá dous niveis, ‘Iniciación’ e ‘Avanzado’, con dúas quendas para cada nivel.

A inscrición poderá facerse ‘en liña’, e para todas as persoas que teñan algún tipo de problema na tramitación, estará aberto o teléfono 981 66 55 97 para resolver calquera incidencia.

Trátase dunha actividade completamente  gratuíta, coa que se quere conseguir afianzar o xa tratado en anteriores edicións, fomentando un estilo de vida saudable nos máis pequenos, así como a capacidade de xestión dos recursos alimentarios e o traballo en equipo. As prazas adxudicaranse por sorteo.
 

Aquí vos deixamos a ligazón para realizar a inscrición: https://docs.google.com/forms/d/1ETT3QdA-lYnQM0a0P7Lcsq-n2pXofgwVJywfkqOW4pM/closedform

Vista previaAdxuntoTamaño
folleto_cullerchef.pdf1.43 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina