Chega a Culleredo o XXIV Festival Internacional de Galicreques 2019. E faino da man de tres espectáculos que terán lugar no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 'Tolilates', de Teatro de Marionetas Trécola, o 4 de outubro. 'Cronopios', de Títeres Cachirulo-Tres Tigres- Chachakún, o día 11 de outubro. E 'Pazzz', de La Mar de Marionetas, o día 18 de outubro.
Todas as representacións se escenificarán en horario de 19:30 horas, e poderanse recoller as invitacións desde unha hora antes do comezo das funcións.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER