A avenida de Ribados, unha das principais vías do corazón do Burgo, experimentará unha notable transformación. O proxecto acabase de sacar a contratación, que será unha das principais do ano cun orzamento de 392.923,71 euros, cofinanciados pola Deputación da Coruña.
O proxecto consiste na humanización da avenida, no tramo que comprende entre a Costa da Lonxa e a rúa Visitación de la Encina. O plan buscará modernizar a vía, pensando nos peóns, con medidas que mellorará a súa accesibilidade, a súa funcionalidade e a súa estética.
A actuación contempla a renovación das beirarrúas, para garantir a mobilidade, e das zonas de aparcamento, que serán de formigón impreso. Variarase o eixo da estrada para poder ampliar as beirarrúas e que cumpran cos criterios de accesibilidade.
O Concello dotará á avenida de novas plantacións de árbores e mobiliario urbano, para prestar servizos adecuados aos veciños da zona. Así mesmo, incluirase a canalización para o futuro soterramento da liña eléctrica, que actualmente discorre por vía aérea. A iluminación será tipo LED, con columnas de 8 metros de altura.
O firme da calzada será renovado por completo, dado que hoxe presenta diversas deficiecias. Tamén se mellorará a rede de recollida de pluviais, con novos colectores e pozos de rexistro, a de abastecemento, con novas tubaxes, e a de saneamento. A nivel de seguridade viaria, un dos pasos de peóns elevarase para obrigar á redución da marcha dos vehículos.
Efectuarase a sinalización horizontal de prazas para persoas con mobilidade reducida e para carga e descarga. A licitación está aberta ata o 28 de outubro. O prazo de execución das obras, unha vez formalizado o contrato, estímase en tres meses.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER